Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes comeza un curso de galego básico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

Esta mañá deu comenzó o curso de galego básico que a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ten organizado a través do seu Servizo de Normalización Lingüística. En total serán 40 horas de duración ata o 10 de outubro. Concretamente impartirase de luns a xoves de 10 a 12 horas e está pensado fundamentalmente para persoas inmigrantes, estranxeiras e aqueles e aquelas interesadas en aprender ou mellorar a súa expresión oral e escrita en lingua galega. Tamén está  recomendado de cara á preparación das probas para a obtención do título oficial Celga, así como para competencias clave no caso dos certificados de profesionalidade.

10 de setembro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.