Nigrán organiza unha excursión a Termatalia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán organiza unha nova excursión para xubilados e pensionistas a Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa, que se celebrará en Ourense do 20 ao 22 de setembro. A visita á capital termal será o sábado 21, con saída ás 9.30 horas desde a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón.

A excursión inclúe visita turística pola ribeira termal de Ourense, xantar no restaurante Aixiña, percorrido guiado pola zona histórica da cidade e paseo por Termatalia, todo por tan só 10 euros por persoa. Aquelas persoas que queiran gozar dun relaxante baño nas termas deberán levar toalla, traxe de baño e chancletas.

Máis información e inscricións na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, ou no teléfono 986 36 87 34. Os pensionistas e xubilados empadroados en Nigrán terán prioridade á hora de conseguir praza.

12 de setembro de 2013 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.