Nigrán impartirá un curso de aprovisionamento e almacenaxe na venda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán, continuando coa programación anual de formación ofrecida de forma gratuíta aos veciños deste municipio e como apoio específico ao sector comercial, anuncia a realización dun curso de “Aprovisionamento e almacenaxe na venda”, cunha duración de 40 horas, dirixido a persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio.

Neste curso de formación o alumnado aprenderá a diferenciar e xestionar distintos tipos de stocks e inventarios, coñecerá as variables utilizadas habitualmente na súa xestión e os principais criterios de valoración de resultados, ao mesmo tempo que se familiarizará coa básica de distribución dun almacén e as técnicas de prevención de riscos na materia.

Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), se desenvolverá do 23 de setembro ao 10 de outubro, de luns a venres, en horario de 17.00 a 20.00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o vindeiro 13 de setembro, poñendo a disposición dos veciños de Nigrán un total de 20 prazas.

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro,  no Departamento de Emprego de Nigrán, e na páxina web deste concello www.nigran.org.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Emprego, no 986 365 000 – extensión 4, co Centro Antena Municipal, no 986 366 572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org e centroantena@nigran.org

2 de setembro de 2013 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.