Nigrán convertirase na cidade do birlo celta coa celebración dos campionatos de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalLocal PortadaNigrán
A-
A+

A cancha de birlos da Casa de Cultura de Camos A Camoesa acollerá este fin de semana os Campionatos de España de Birlo Celta en diversas categorías, todos eles patrocinados pola Xunta de Galicia, o Concello de Nigrán, o Consello Superior de Deportes e as federacións nacional e autonómica de birlo celta.

O IX Campionato de España por equipos de 2ª categorías, o XI Campionato de España Xuvenil, o IV Campionato de España Feminino e a terceira edición do Campionato de España para veteranos. En total, preto de 100 xogadores que se disputarán o título desde as 9.00 horas do sábado, nunhas eliminatorias que se prolongarán ao longo de todo o día. As semifinais comezarán ás 9.30 horas e a gran final a partir das 12.30 horas.

5 de setembro de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.