Nigrán abre o prazo para realizar as inscricións nas escolas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán abre mañá mércores 11 de setembro o período de inscricións para as escolas municipais do curso 2013/2014, que comezarán o próximo 1 de outubro. As escolas están abertas a todo o mundo, aínda que terán prioridade as persoas empadroadas no municipio.

Este curso as actividades deportivas para menores de 16 anos serán patinaxe artística, taekwondo e tenis, e para maiores de 16 aeróbic, ximnasia de mantemento, ximnasia para maiores, ioga, taichí e tenis. Aquelas persoas interesadas nas actividades culturais poderán elixir entre pintura, cerámica, torno ou música.

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo de luns a venres no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, en horario de 17.00 a 21.00 horas. Para formalizar as inscricións deberán entregar as solicitudes debidamente cumprimentados.

10 de setembro de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.