Neda inaugurará a Antiga Casilla de Lagoeiros tras o seu proceso de rehabilitación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, presidirá o próximo sábado 5 de outubro a inauguración da antiga casilla de lagoeiros, no lugar do Puntal. O acto dará comezo ás 13 horas e a el están invitados todos os veciños e veciñas da localidade. Os asistentes poderán apreciar o resultado do proceso de rehabilitación que levou a cabo nos últimos meses o Concello para recuperar este inmoble con tanta historia. Doado pola Xunta á Administración local, atopábase en estado de completa ruina, polo que no seu momento o alcalde presentou o proxecto de restauración ante a Xunta para recabar a financiación necesaria para afrontar a intervención. A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, concedía finalmente unha achega ao Concello que permitía sufragar o 85% das obras, orzamentadas en 88.000 euros.

A casilla de lagoeiros era unha antiga caseta que no seu tempo deu servizo a peóns camineros, tal e como consta aínda hoxe na fachada do edificio. Conta cunha superficie construída de 177,27 metros cadrados e a Xunta, propietaria da mesma, donoulla no seu momento á Ad-ministración local, responsable da súa recuperación. Está construido en mampostería, con cuberta de tella sobre cerchas de madeira, aínda que dende un número indeterminado de anos se atopaba sen uso. Esta situación levouno a un deterioro progresivo ata o punto de que ata tan só uns meses atrás presentaba un estado de ruína en cuberta e interiores, manténdose tan só en pé uns muros de carga realizados en mampostería.

¿Cales serán os seus futuros usos? O Concello explica que uniráse á Casa das Palmeiras como sala de exposicións, co claro ánimo de convertelo nun auténtico dinamizador cultural da zona. Tamén escenario posible para a celebración de vodas civís e, a maiores, permitirá ás diferentes asociacións e entidades desenvolver a súa actividade. Nesta liña e en todo caso, o Concello sinala que se regulará o uso compartido das instalacións.

Así mesmo, e tras o acto de inauguración, a CCRD Puntal levará a cabo a súa II Xornada Gastronómica, que incluirá a tradicional comida de confraternidade e as actuacións musicais das formacións Parranda La Nuestra e Aplauso Show. Unha cita moi especial que se prevé multitudinaria, aberta a todo o que estea interesado, e que terá lugar no campo anexo á Casi-lla, coñecido como campo da festa. En caso de fortes choivas celebraríase na pista polideportiva da citada sociedade.

27 de setembro de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.