Neda abre o prazo de inscripción para anotarse nas actividades deportivas e culturais
O Concello de Neda abriu esta mañá o prazo de preinscripción para anotarse na programación de actividades deportivas e culturais para este curso 2013-2014. Así, as persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude na Casa Consistorial de luns a venres de 9 a 13 horas e durante todo o mes de setembro. Nesta liña, dende a Administración local quérese remarcar que este ano programará aquelas actividades que reúnan un número mínimo de participantes. Número que se determinará en función do custe que esta teña para as arcas locais. O obxetivo é satisfacer a demanda da cidadanía e garantir a rendabilidade económica das actividades, evitando perdas para o Concello.
Así mesmo, o Concello sinala que, para favorecer a participación e evitar que o contexto de crise sexa unha obstáculo, conxelará de novo neste curso as tarifas. Entre as propostas municipais se ofertan inicialmente clases de ximnasia de mantenemento, ximnasia terapéutica, ioga e talleres de pilates. Tamén obradoiros de iudo, karate, ximnasia rítmica, baile e esgrima. Ou talleres de memoria, inglés, informática, calceta, piano e gaita.
Por último, apuntar que as actividades levaránse a cabo entre outubro e xuño maioritariamente no pavillón polideportivo e, en menor medida, no Centro Cívico. ¿Os prezos? Para as persoas menores de 14 anos, 9,74 euros ao mes; 13,91 euros para aqueles entre 14 e 18 anos, e 22,24 euros para os maiores de idade. Así mesmo, establécese unha matrícula de 8,35 euros para menores de 18 e de 16,68 para maiores. Matrícula que tan só se debe pagar o primeiro ano. Así mesmo, o Concello plantea diferentes bonificacións que van do 10 ao 90%. Entre estas, para pensionistas, familias numerosas ou aquelas que acrediten escasos recursos.
Reserva de horarios
Así mesmo, dende hoxe tamén está aberto o prazo para que os equipos interesados no uso do pavillón polideportivo reserve as súas horas. Igualmente, no consistorio de 9 a 13 horas.











