Mundo Diversión e o Concello poñen en marcha o programa extraescolar de tempo libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

A partir de outubro, as familias de Ortigueira volverán dispoñer de servizo de conciliación de vida familiar e laboral en horario de tarde. O Concello de Ortigueira colaborará coa empresa Mundo Diversión na posta en marcha no CEIP José Mª Lage do programa de actividades de tempo libre destinado a nenos/ás de entre 3 e 12 anos.

A iniciativa, que se desenvolverá de luns a venres, incluirá entre as 16:30 e as 19:30 horas un cambo de actividades que variará en función da xornada. Así, ademais de reservar tempo para a merenda e as actividades de reforzo escolar, os nenos/ás poderán participar cada día xunto a outros compañeiros en actividades lúdicas e formativas diversas.

A oferta de talleres para o curso 2013- 2014 incluirá manualidades e pintura (luns), informática (martes), cuentacuentos e propostas de animación á lectura (mércores), teatro (xoves) e xogos alternativos (venres).

En función dos seus intereses ou necesidades, as familias poderán matricular aos menores ben en xornadas concretas da semana ou ben toda os días, alternativa esta última que abaratará substancialmente o custo do servizo (35 euros mensuais).

Os pais/nais que queiran inscribir os seus fillos nas actividades deberán entregar o antes posible as follas de matrícula debidamente cubertas na piscina municipal. Así mesmo as persoas que necesiten información adicional do programa poden contactar con Mundo Diversión, a través do teléfono 646114276.

24 de setembro de 2013 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.