Mos pon a punto os seus colexios cara ó inicio do vindeiro curso a próxima semana

Arévalo, Monzón e Méndez, nas obras do centro de Sanguiñeda
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Kely Monzón, e o concelleiro de vías e obras, Alberto Méndez, realizaron esta mañá unha ronda de visitas ós colexios de Educación Infantil e Primaria públicos do municipio para comprobar que se estean realizando óptimamente os traballos de posta a punto de ditos centros de cara ó inicio, a próxima semana, do vindeiro curso escolar 2013-2014.
Nos cinco centros, CEIP Mestre Valverde Maio en Sanguiñeda, o CEIP Mestre Martínez Alonso en Castro-Mos, o CEIP de Petelos, o CEIP Pena de Francia en Tameiga, e o Colexio de Atín-Cela; estanse a acometer unha serie de melloras comúns tales como pintado, acondicionamento dos parques infantís, posta a punto dos ascensores, revisión dos extintores e limpeza xeral.
A maiores destas obras comúns e xerais para tódolos colexios mosenses, algúns deles están a albergar traballos específicos puntuais tales coma: o drenaxe do parque infantil, a instalación dun novo areeiro, a conexión do equipo de incendios á rede de abastecemento de auga, e a posta a punto das fosas sépticas para evitar olores no centro no Colexio de Sanguiñeda; o remate da pista polideportiva e a conexión ó saneamento no Colexio de Atín, e a reparación de fugas na rede de saneamento no Colexio de Castro-Mos.
Todas estas melloras, acometidas mediante fondos propios municipais, prevese que estean rematadas esta misma semana dado que o inicio das clases do curso 2013-2014 iniciaranse a comezos da vindeira semana.
Neste sentido, os tres representantes municipais coincidiron en destacar “o prioritario deste tipo de traballos para o equipo de goberno local, xa que repercuten moi directamente na confortabilidade da estancia dos alumnos e alumnas nos centros educativos, favorecendo unha mellor aprendizaxe dos cativos que serán o futuro de Mos”, dixeron.











