Mos acolle a XIII Xuntanza Cultural de Corais organizada por Ventos do Val

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMos
A-
A+

A Coral Ventos do Val informa da organización da décimo terceira edición do concerto Xuntanza Cultural de Corais, que se celebrará o vindeiro 28 de setembro, sábado, ás 21.00 horas no auditorio do centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.

En dito concerto actuarán a Coral Perla do Atlántico de Alcabre (Vigo), a Coral S.C.D. Atlátida de Matamá (Vigo), e a coral anfitriona, Coral Ventos do Val de Petelos (Mos).

Será un evento musical totalmente gratuíto e aberto a todo o público, xa que a Coral Ventos do Val constitúe unha agrupación sen ánimo de lucro.

20 de setembro de 2013 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.