Monforte manterá unha oficina de Fenosa para a atención á cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O alcalde de Monforte mantivo unha entrevista cos responsables da Delegación general en Galicia de Gas Natural Fenosa para solicitar a inmediata reapertura dunha oficina de atención aos seus clientes, onde os cidadáns monfortinos poidan contratar os seus servizos, presentar reclamacións ou realizar cambios de titularidade.

O responsable da Delegación General en Galicia de Gas Natural Fenosa expresoulle ao rexedor monfortino a vontade da compañía enerxética de reabrir a oficina de Monforte e trasladoulle que se están mantendo contactos con diversas empresas que se manifestaron interesadas na prestación dese servizo como os seus concesionarios na nosa cidade.

2 de setembro de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.