publicidade hoxe

Miño executará o asfaltado en diversas parroquias por valor de 100.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

A empresa contratada polo Concello de Miño para executar os proxectos incluídos no Plan de Obras e Servizos (POST) para o presente exercicio acaba de comezar dúas das actuacións previstas en Sombreu e na parroquia de Bemantes.

Na primeira estase a ampliar e pavimentando con aglomerado o camiño que vai á capela de Sombreu, mentres que na segunda, os operarios están a proceder a ampliación e explanación do camiño no lugar Dos barrios, en Bemantes, que posteriormente se tratará cun triplo tratamento de superficie con rego asfaltico.

Nos próximos días darán comezo os traballos para a limpeza de cunetas e pavimentanción con aglomerado no camiño de Sambollo (Perbes), a explanación e pavimentación do camiño en Bolo (Perbes) e a construción dunha cuneta de formigón no camiño de Galfarro (Vilanova).

O importe do POST para este ano 2013 en Miño ascende a un total de 99.848,97 euros.

10 de setembro de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.