publicidade hoxe

Miño acomete diversas melloras no pavillón polideportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

O pavillón polideportivo municipal de Miño está a ser obxecto de importantes melloras por parte do Concello. Tal e como explicou o alcalde, Jesús Veiga Sabín, o equipo de goberno está a investir en acondicionar e reformar estas instalacións municipais para que estean en perfecto estado de cara ao novo curso. As clases e actividades deportivas empezarán moi pronto e queremos que os usuarios poidan gozar do pavillón nas mellores condicións.

Estanse a realizar varias actuacións, entre as que cabe destacar a reparación integral do parqué do pavillón, onde se arrancarán as táboas rotas e con estelas, que podían supoñer un perigo para os usuarios, e colocarase parqué novo e o zocalo en en corredor. Actualmente estase a pulir e vernizando e en poucos días quedará a pista en perfectas condicións para o seu uso.

Por outro lado, tambien levouse a cabo o tratamento das zonas exteriores de ferro (que se encontraban deterioradas e oxidadas), o selado de ventanais e portas, a limpeza con auga a presión dos bloque de formigón do frontal do edificio, e a mellora en xeral da impermeabilización do edificio, así como a reparación das humedades dos interiores do pavillón, e a limpeza e pintado desas zonas e reparación de gretas. Tambien reparáronse os condutos de aireación e a reposición de placas do falso teito nos vestiarios.

As melloras realizadas teñen un custo total de 8.400 euros.

Acondicionamento do Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde

Por outra banda, o Concello de Miño, coa colaboración da Deputación da Coruña, investiu 97.000 euros nas obras de acondicionamento do ámbito do campo de fútbol de Gallamonde, en Miño.

O ámbito do campo de fútbol encontrábanse sen ningún tipo de acondicionamento, o que producia que os coches se aparcarán de forma desordenada e que en inverno, coas chuvias a explanada se fixese impracticable, reducindo a accesibilidade ao campo.

Os traballos realizados no Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde inclúen as obras xerais de urbanización e a pavimentación do aparcadoiro e das conexións cos viais de acceso, e o pintado das prazas de aparcadoiro. Así mesmo tambien realizouse a pavimentación no interior do recinto dende os accesos da instalación ata as bancadas.

Todas as categorías do A.D. Miño (biberón, prebenxamín, benxamín, cría, infantil, cadetes, xuvenís e modestos) adestran neste campo. Ademais, estas instalacións son utilizadas por outros clubs deportivos.

6 de setembro de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.