Mera acollerá un ciclo de representacións teatrais dentro do programa MÓVETE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

O Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, acolle tres espectáculos incluídos dentro do programa MOVETE, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

O FEGATEA MÓVETE é un circuito de teatro afeccionado que se ven celebrando desde o ano 2006 e que ten por obxetivo principal estimular a representación teatral daqueles grupos de teatro afeccionado que o integran.

As tres representacións serán ás 20.30 horas e a entrada será gratuita, ata completarse a capacidade da sala.

Programa:

Venres 13 de setembro ás 20.30 horas: A agrupación Falcatrueiros, de Monterroso, presenta o seu espectáculo Crimes exemplares.

Venres 20 de setembro ás 20.30 horas: A agrupación Trécola, de Ourense, presenta o seu espectáculo A verdadeira historia do corazón reloxio.

Venres 27 de setembro ás 20.30 horas: A agrupación Rueiro, de Vigo, presenta o seu espectáculo A miña muller é o fontaneiro.

9 de setembro de 2013 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.