Mellora dos parques infantís das praza do Concello e Maximino Canedo
O Concello da Laracha mellorou os parques infantís públicos de dúas prazas situadas en puntos céntricos e residenciais da capital municipal.
Tanto no ubicado na praza do Concello como no da praza Maximino Canedo foron instalados novos xogos, de tipo columpio, para posibilitar o seu uso por parte de máis nenos. No caso do parque da praza do Concello tamén se aumentou a área de solo protexida por lousas de caucho que melloran a seguridade ao amortiguar as posibles caídas dos nenos.
Así mesmo, ademais da instalación dos columpios, realizáronse as correspondentes actuacións relativas ao mantemento na totalidade dos xogos que conforman ambos parques. Estas labores tamén se desenvolveron nos dous situados na área recreativa de Gabenlle.
No Concello da Laracha existen un total de dezaseis parques infantís públicos, situados en puntos estratéxicos dos cascos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, nos centros educativos (colexios e escolas unitarias) e en determinadas prazas e zonas residenciais de parroquias rurais como Vilaño, Golmar e Cabovilaño.











