Meira celebra unha nova edición da “Xuntanza dos Maiores”
O día 27 de setembro de 2013 terá lugar neste Concello a “Xuntanza dos Maiores” no Pavillón Municipal de Deportes, que contará cos seguintes actos:
- Misa solemne ás 13:00 horas.
– Comida ás 14:00 horas.
As persoas que desexen asistir a estes actos, deberán estar empadroados no Concello e ser maiores de 65 anos, podendo leva-lo seu cónxuxe, aínda que non teña 65 anos cumpridos; e deberán apuntarse nas oficinas municipais do Concello de Meira, antes do día 23 de setembro.