Marcos Mella presenta o seu último traballo “La canción del bolsillo roto” no Centro Cultural Torrente Ballester
O cantautor ferrolán Marcos Mella subirase mañá xoves, día 26, ao escenario da capela do Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo “As Noites en Capela”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, para presentar o seu novo traballo discográfico La canción del bolsillo roto. O concerto comezará ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou ben a través de Internet, na páxina www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
Este último disco, composto integramente polo cantautor ferrolán, consta de cinco temas e un bonustrack da canción “El futuro nace hoy”. Entre as cancións que compoñen o traballo discográfico destacan temas sentimentais, de corte pop rock dos anos 80, ou sobre os malos tratos á muller.











