Mantense aberto o prazo para solicitar axudas para libros de texto e material escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+

Continúa aberto o prazo establecido polo Concello de Ponte Caldelas para solicitar axudas para libros de texto e material escolar para aquelas persoas con especiais dificultades económicas que teñan o seu cargo fillos matriculados en centros educativos do municipio nos ciclos de infantil, primaria, ESO e bacharelato.

No caso dos ciclos de infantil poderán ser obxecto desta subvención os libros de texto e material escolar, mentres que no resto de ensinanzas o Concello de Ponte Caldelas establece axudas para material escolar, toda vez que para libros de texto xa existen as axudas que concede a Consellería de Educación para os estudantes de primaria e ISO. As axudas concederanse a aquelas familias que pola súa situación socioeconómica se encontren en situación de especial dificultade económica e cumpran uns requisitos.

Os gastos das axudas a xustificar deberán realizarse en establecementos comerciais situados no termo municipal de Ponte Caldelas e as solicitudes de subvención terán que tramitarse a través do departamento de Servizos Sociais Comunitarios del Concello en horario de atención ao público os luns e xoves de 9:30 a 14 horas. Tamén poderán informarse a través da páxina web do concello www.Pontecaldelas.org.

BANCO DE LIBROS NO IES VALDARROSA DE PONTE CALDELAS

Por outra parte, o próximo día 6 de setembro, ás 12 horas, terá lugar a repartición, dos libros depositados, no salón de actos do centro educativo por parte da ANPA do IES Valdarrosa dentro da súa campaña a favor dun Banco de Libros.

Durante os pasados meses de xullo e agosto, aqueles alumnos da ESO ou Bacharelato do IES Valdarrosa de Ponte Caldelas que quixeron colaborar co Banco de Libros depositaron na conserxaría do instituto o material escolar que estaba en bo uso coa intención de que puidese ser útil para novos escolares que comezan en breves días o novo curso.

Co fin de que aquelas persoas que queiran colaborar co Banco de Libros ou poidan beneficiarse destes se estableceron como puntos de información a Conserxaría do IES Valdarrosa (teléfono 986 75 07 05) ou os Servizos Sociais Comunitarios del Concello de Ponte Caldelas (teléfono 986 75 00 01-extensión 1).

3 de setembro de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.