publicidade hoxe

Máis de 29.000 euros en axudas para entidades da comarca do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocalMoañaPontevedraProvincias
A-
A+

A deputada provincial Begoña Estévez entregou esta mañá axudas por un valor total de 29.114 euros e unha furgoneta a 12 entidades da comarca do Morrazo con fins sociais, deportivas e culturais, concretamente de Cangas e Moaña.

Cangas

O organismo provincial entregou subvencións por valor de 21.114 euros a 10 asociacións.

Axudas de acción social:

•    Asociación Caridade Santiago Apóstol de Cangas, 6.000 € para o proxecto de comedor social solidario

•    Asociación Cultural O Son do Pobo, 3.000 € para un proxecto de musicoterapia

•    Adicam, 3.600 € para o proxecto “Camiñando en rosa”

•    Aspasin, 3.600 € para o proxecto “Traspasando fronteiras”

Axudas de carácter cultural:

•    Banda de Música Bellas Artes de Cangas, 723 € para a adquisición dun saxofón barítono

•    STACCATO, 600 € para a adquisición de vestiario

•    Asociación Cultural O Son do Pobo, 1.111 € para a adquisición dun piano de parede

•    Asociación Cultural Lembranzas da ría de Cangas, 956 € para a adquisición de vestiario

•    Asociación Cultural Folclórica Tromentelo, 723 € para a adquisición de instrumentos musicais

•    Asociación Cultural Eiravella, 801 € para a adquisición de instrumentos musicais

Moaña

O Club de Remo Samertolameu recibiu unha furgoneta debido ás malas condicións nas que se atopaba o anterior vehículo no que realizaban os desprazamentos. Ademais, o Club de xubilados de Santa Eulalia de Meira recibiu 8.000 euros para a adquisición de mobiliario.

A través destas subvencións a Deputación de Pontevedra amosa o seu compromiso na prestación de servizos sociais, así como de ámbito cultural e deportivo, para que as entidades beneficiarias poidan ofrecer todas as prestacións que demandan.

13 de setembro de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.