Limpeza de sumidoiros nos núcleos de San Ciprián e Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+
Limpeza de sumidoiros

Limpeza de sumidoiros

O Concello de Cervo leva varias semanas traballando na limpeza das canalizacións de recollida de pluviais dos núcleos de San Ciprián e Cervo co obxectivo de preparar os sumidoiros de cara á proximidade do outono e o aumento das chuvias, especialmente despois dun verán de escasas precipitacións no que as arquetas adoitan quedar tupidas.

Unhas tarefas coas que se pretende baleirar as canalizacións e deixalas limpas co obxectivo de favorecer o paso da auga e, en consecuencia, reducir o risco de inundacións. O edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, cualifica os traballos de “preventivos” e considera que son “moi necesarios, tanto para manter en bo estado os sumidoiros como para minimizar o perigo de asolagamentos”.

Esta actuación inclúese no PEMU, o Plan de Emerxencias Municipal, que contempla todas as medidas e accións dirixidas á prevención de posibles sucesos ou incidentes dentro do territorio do concello.

11 de setembro de 2013 | 20:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.