“Ler conta moito” programa actividades en seis bibliotecas na vindeira semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

O progama Ler conta moito programa actividades en seis bibliotecas do municipio que se levarán a cabo ao longo da próxima semana. Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura a través das bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia co Concello de Oleiros. Con esta actividade as nenas e nenos poderán fomentar a creatividade con obradoiros de plastilina, gozar e aprender con sinxelos experimentos científicos, escoitar contacontos, ver espectáculos de monicreques, participar nun taller sobre a arte nos libros ou entreterse cun espectáculo de maxia.

Deste xeito, o martes 1 de outubro, a compañía Sarabela Teatro realizará un contacontos, para nenas e nenos a partir de 3 anos na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros. O mercares día 2 na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, de Santa Cruz, terá lugar un taller de plastilina a cargo de María Noel Toledo, dirixido a nenas e nenos, preferentemente, a partir de 7 anos, no que os participantes poderán crear os personaxes dun conto. Debido a que son prazas limitadas, é imprescindible inscribirse chamando ao teléfono da
biblioteca 981 62 63 38. Así mesmo, na Biblioteca Central Rialeda sita en Perillo, o xoves 3 de outubro, a compañía Elefante Elegante presenta a actuación “O aviador”, para nenas e nenos a partir de 3 anos.

Por último no centro María José Trincado, de Mera, o venres 4 de outubro, volverá a realizarse o taller de plastilina a cargo de María Noel Toledo, dirixido a nenas e nenos, preferentemente, a partir de 7 anos, no que os participantes poderán crear os personaxes dun conto. Debido a que son prazas limitadas, é imprescindible apuntarse chamando ao teléfono da biblioteca 981 62 85 07. O emsmo día na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós, a compañía Matapiollos Teatro representará a obra titulada “Abrapalabra”, para nenas e
nenos a partir de 3 anos.

27 de setembro de 2013 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.