Leira, no municipio de Ordes, celebra a tradicional romaría na honra a Santa Eufemia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOrdes
A-
A+

En colaboración do Concello de Ordes parroquia ordense de Leira ultima detalles de cara á celebración os vindeiros luns e martes 16 e 17 de setembro da romaría na honra a súa patrona Santa Eufemia.

O programa arrancará cunha serie de misas cantadas ás 9, 9.30, 10, 11 e 11.30 horas, para posteriormente ofrecer unha misa solemne ás 13.30 horas. Novamentes, esta vez a partir das 20 horas, celebrarase un oficio relixioso. Nesta xornada a sesión vermú correrá a cargo da orquestra La Bámbola, que pola noite compartirá escenario co grupo Panamá.  Non serán os únicos encargados de animar o día cos seus sons xa que durante toda xornada tamén haberá charangas e a actuación do grupo de música tradicional Embruxo de Leira.

De cara ao martes novamente volverá a haber misa solemne ás 13.30 horas. A música e a diversión volverán a ser as protagonistas a mediodía cos ritmos orquestais, que pola noite virán da man de Armonía Show e  Combo Dominicano. Será a primeira vez que se poida ver a estas formacións canarias botar un pulso sobre un escenario galego.

14 de setembro de 2013 | 15:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.