Josefa Velo celebra xunto á súa familia o seu 101 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Aniversario de Josefa Velo

Aniversario de Josefa Velo

Josefa Velo Amor celebrou neste fin de semana o seu 101 aniversario na casa na que reside no lugar de Curros (parroquia de Soandres) xunto á súa filla María, o seu xenro Manuel e un dos seus netos, Ángel.

Na festa estivo a súa familia ao completo: a súa irmá Aurora, os tres netos e tamén os tres bisnetos. 

Nesta sinalada data o alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, regaloulle unha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal. Tamén felicitaron á señora Josefa a concelleira de servizos sociais, Rocío López, e o cura párroco de Soandres, D. Manuel Mallo.

Josefa Velo é a terceira persoa de maior idade das case 11.500 que residen no Concello da Laracha.

30 de setembro de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.