Javier Olivares, guionista da exitosa serie “Isabel” ofrecerá unha conferencia no Museo de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaPontevedraPontevedraProvincias
A-
A+

 O guionista e autor de Isabel, a exitosa serie que nos achega á vida de Isabel a Católica, será o responsable de abrir a nova temporada do ciclo En Paralelo: Noites de Literatura e Cine, que organiza a Deputación a través do Museo de Pontevedra.

Javier Olivares ofrecerá unha conferencia o vindeiro venres 27 de setembro no salón de actos do Sexto Edificio do Museo, onde falará de Isabel: la historia y las historias; a entrada será gratuíta. A charla, que terá lugar ás 20:00 horas, correspóndese coa parte literaria do ciclo, mentres que a sección cinematográfica se desenvolverá á mesma hora e no mesmo lugar o 2 de outubro. Trátase, neste caso, da proxección do filme Shakespeare in love.

En Paralelo: Noites de Literatura e Cine é un ciclo que se desenvolve ó longo de todo o ano e no que se pretende poñer en relación dúas disciplinas artísticas como son a creación literaria e a audiovisual.

Neste ciclo un venres de cada mes (excepto no verán) un escritor disertará sobre o xénero literario que define a súa obra e sobre a súa creación, e ó mércores seguinte complementará a súa intervención coa proxección dun filme da mesma temática.

26 de setembro de 2013 | 15:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.