Javier Gutiérrez e Luis Bermejo interpretan no Teatro Jofre a comedia “El traje”
A comedia negra “El traje” chegará este sábado, día 28 de setembro, ao Teatro Jofre coa actuación dos actores Javier Gutiérrez e Luis Bermejo. Esta obra, escrita e dirixida por Juan Cavestany, comezará ás 20:30 horas e forma parte da nova programación da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.
É o primeiro día de rebaixas nos grandes almacéns da capital. A xente entra en multitude a pola mellor oferta e acontece un accidente. Nas entrañas do edificio, un vixiante de seguridade interroga a un home que viu mercar un traxe e que ao parecer ten algo que ver cos feitos. Gutiérrez e Bermejo manterán un pulso intelectual e físico cheo de tensión, crueza, suspense e humor delirante. O espectáculo pretende facer cuestionar ao espectador sobre o instinto de supervivencia voraz e individual fronte á posibilidade dunha supervivencia verdadeira, voracidade do sistema que nos convirte en depredadores.
Venta de entradas
A día de hoxe, xa son case 300 as persoas que mercaron as súas entradas para ver a comedia El traje. Os interesados en expedir o seu ticket para gozar desta función deberán mercalo no propio despacho do teatro municipal ou na seguinte dirección de internet: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).











