Iván Pastor ofrecerá unha clase maxistral de wíndsurf na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+

Movistar e a Federación Galega de vela traen a Galicia aos mellores regatistas do mundo, e nesta ocasión será o windsurfista Iván Pastor quen dará unha Máster Class en Praia de Oza (A Coruña) este próximo sábado día 21 de setembro.

Despois de que a rider Gisela Pulido inaugurase fai a penas dúas semanas esta serie de clases másters de Movistar abertas a deportistas galegos, o número un do ranking mundial de RS:X Masculino desprazarase este fin de semana a Galicia para compartir os seus coñecementos con todos aqueles que queiran apuntarse, sexan ou non sexan clientes de Movistar.

Coach de luxo para o wíndsurf galego

Sen lugar a dúbidas, non podería haber unha forma mellor de gozar do wíndsurf que facéndoo baixo as ordes de Iván Pastor, e é que o alacantino pode presumir de ter estado en tres olimpíadas consecutivas e ter sido número un do ranking mundial durante case dez meses ao longo da súa carreira.

Sen ir máis lonxe, este mesmo ano Iván Pastor e a súa táboa “Movistar” lograron estar no máis alto da elite mundial ao colgarse o ouro absoluto en dúas das catro probas da ISAF Sailing World Cup, éxitos que lle permitiron colocarse como o actual número un do ranking mundial.

Cun currículo como este, non cabe a menor dúbida de que o éxito da Master Class estará garantido e está claro que será unha grande oportunidade para os mozos windsurfistas galegos que desexen empaparse dos coñecementos do alacantino tanto na auga coma en terra, onde os participantes poderán preguntarlle sobre aspectos técnicos, tácticos, de competición, etc.

19 de setembro de 2013 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.