Iníciase o acondicionamento na zona de aparcamento das inmediacións da rúa Alcalde Lorenzo, de Bertamiráns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal
A-
A+
Traballos de acondicionamento no aparcamento

Traballos de acondicionamento no aparcamento

Esta mañá iniciáronse os traballos de acondicionamento do aparcadoiro situado nas inmediacións da rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns. Nesta zona de aparcamento, emprazada na parte posterior das dependencias municipais de Urbanismo e da Policía Local, o Concello de Ames acometerá arranxos que consistirán na extensión de 2.900 metros cadrados de zahorra natural e a posterior compactación e humectación da mesma. En total, investiranse nestes traballos máis de 3.500 euros.

O concelleiro de Vías, Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, explica que “as obras que se realizarán consistirán en achanzar o terreo, tapar as fochancas existentes e estender unha capa de zahorra natural”. O obxectivo destes traballos é mellorar o estado que presenta esta zona de aparcadoiro, que conta con 2.600 metros cadrados de superficie.

2 de setembro de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.