Inauguración da exposición de Francisco Escudero en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarralLocal
A-
A+

O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, inaugurará mañá a exposición do escultor galego Francisco Escudero. O acto terá lugar mañá martes na sala de exposicións do Edificio Social Toñito Espiñeira de Carral, ás 20:30 h.

Escudero presenta EXPERIENCIA CREATIVA 2002-2012, que permañecerá aberta ao público ata o día 14 de setembro de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h, de luns a venres, e de 11:00 a 13:00 os sábados.

O escultor reúne nesta ocasión unha selección das súas obras coa que nos amosa a esencia do seu traballo creativo entre os anos 2002 e 2012. Poderase ollar obras realizadas en diferentes materiais: bronce, escaiola, mármore, granito, madeira ou poliéster, ademais de fotografías de obra pública e privada de gran formato realizada nesa década, e debuxos realizados ao carbonciño, sanguina, pastel, lapis e ceras.

Esta exposición, de carácter itinerante, está promovida polo Consorcio das Mariñas en colaboración coas concellerías de Cultura dos nove concellos que forman parte deste organismo. É unha das actividades culturais que de xeito conxunto configuran as concellerías de Cultura dos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada co fin de optimizar recursos e posibilitar unha boa oferta cultural no eido comarcal.

2 de setembro de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.