Homenaxe “Ano Antonio Fernández” para conmemorar a figura do pintor de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño (Pontevedra) organiza coa colaboración da Comisión Antonio Fernández, unha serie de actos conmemorativos, coma homenaxe ao pintor de Goián (parroquia de Tomiño) Antonio Fernández, cuxa vida e obra non gozan do recoñecemento público que merecen.

Por este motivo, o Concello, unha vintena de asociacións e veciños e veciñas de Goián a título particular, decidiron formar unha comisión do mesmo nome que o pintor, para organizar unha serie de actos, baixo o título “Ano Antonio Fernández”. Entre as accións emprendidas, contratouse unha becaria para recompilar e ordenar toda a información (vida e obra) do artista, quen, a pesar da súa gran calidade artística e personal non tivo o éxito merecido. Era unha persoa moi particular, filántropa, preocupada polos seus veciños, que doou os terreos para o actual colexio de Goián (que leva o seu nome).

Abriu a programación, hai cousa dun mes, un certamen de pintura ao aire libre no Espazo Fortaleza de Goián (espazo de lecer construído arredor do antigo forte de San Lourenzo) e en breve haberá unha grande exposición (inaugúrase o venres 4 de outubro ás 20.00 hs. no Centro Goianés. Estará até o 20 de outubro. A exposición está comisionada polo crítico de arte Carlos L.Bernárdez e leva por título “Antonio Fernández: pintor de tres mundos”).

Ademais, o día 29 de setembro, domingo, realizarase unha visita á Sala Antonio Fernández do Museo Provincial de Lugo, que posúe máis de 20 obras do artista. Xa hai máis de 60 persoas apuntadas.

26 de setembro de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.