publicidade hoxe

Gran acollida do casting infantil do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMoaña
A-
A+
Pasarela "Amodiño" 2012

Pasarela “Amodiño” 2012

FECIMO informa que a convocatoria do CASTING de modelos infantís para a II Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo tivo unha gran acollida entre os nenos e nenas do Morrazo e inmediacións. A entidade amósase moi satisfeita coa resposta do público a este evento.

Este acto que terá lugar o xoves ás 17:00 horas na planta superior da Praza de Abastos de Moaña obtivo este ano 150 inscricións, dobrando case o número do ano anterior.

A proba que deberán realizar os/as nenos/as de 3 a 10 anos inscritos a este CASTING consistirá en desfilar sobre unha alfombra mentres un profesional fotografía ao aspirante e o xurado os observa. O xurado estará composto por membros da AGENCIA LUENA, que traballa na promoción e formación de profesionais do mundo da publicidade, a moda, a TV e o espectáculo. Esta axencia conta xa cunha carteira de modelos adultos profesionais, pero seleccionará neste CASTING aos máis pequenos. Agardamos que, sobre todo, os cativos disfruten desta xornada e que se sintan cómodos ao desfilar, posto que se valorará a súa soltura.

Os nenos e nenas seleccionados nesta proba daranse a coñecer a partir do luns, 9 de setembro a través da web de FECIMO, www.fecimo.es, e as súas páxinas de Facebook: Vive O Morrazo e Fecimo Empresas do Morrazo. Por outra banda, FECIMO porase en contacto telefónico unicamente cos seleccionados, que os manterán informados das datas e lugar de proba de vestiario, ademais dos ensaios antes da Pasarela.

Estes seleccionados serán os encargados de lucir as propostas dos comercios de moda infantil de cara o vindeiro outono/inverno, na II Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo “AMODIÑA”, que terá lugar o vindeiro 21 de setembro ás 21:00 horas no Palco da Música situado no Paseo Marítimo de Moaña. Por suposto haberá unha data para realizar un ensaio previo á pasarela, así como probas de vestiario.

A organización recorda que a participación tanto no Casting como na posterior PASARELA, non conleva ningún tipo de contraprestación económica, ao tratarse dun certame sen ánimo de lucro.

4 de setembro de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.