Goyo Jiménez abrirá o ciclo de monólogos do Teatro Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

O novo ciclo de monólogos programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol dará comezo este domingo, día 29, con “En verdad os digo”, de Goyo Jiménez. O humorista subirase ás 20:00 horas ao Teatro Jofre para ofrecer este novo espectáculo inédito en televisión.

Considerado polo público e crítica como o mellor monologuista cómico do país, deleitará ao público asistente co seu sorprendente, mordaz e desternillante visión da realidade e de como nos enganan constantemente, sen nocturnidade nin alevosía. A día de hoxe, só están dispoñibles seis entradas polo que está garantido o cheo neste primeiro monólogo que abre o ciclo programado polo concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado.

Próximos monólogos

Os espectáculos humorísticos continuarán o día 13 de outubro co monólogo “Sigue con nosotros” de Berto Romero para finalizar o 1 de decembro con Leo Harlem e Dani de la Cámara coa presentación de “¿Qué hay de nuevo?”. Os catro humoristas participantes neste ciclo de monólogos están considerados os mellores do país.

26 de setembro de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.