Gondomar ultima a creación dunha nova páxina web

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocalLocal Portada
A-
A+

Onte presentouse o proxecto, da que será a nova web do Concello de Gondomar. Á reunión, celebrada no Centro Neural, asistiron o alcalde do municipio, Fernando Guitián xunto a membros do goberno municipal e persoal do Concello.

A xunta tivo como obxectivo avanzar a imaxe da futura web e recoller opinións para fixar o seu deseño e estrutura. “A renovación da páxina web do Concello supón un importante paso. É importante espremer as posibilidades de comunicación que nos ofrece internet”, recoñece o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián. Con este obxectivo estase a traballar nunha web máis participativa, máis dinámica e máis visual.

Nesta fase, estase a estudar o cambio que se realizará na aparencia e contidos da nova web, co fin de dar un xiro á xa existente, de forma que a páxina responda ás necesidades actuais, sobre todo en deseño e en contidos. Deste modo, incorporaranse novas seccións e se reorganizarán os contidos sobre a base dos xa existentes na actual páxina web, filtrándoos, renovándoos e priorizando os máis demandados. A actualidade tamén terá un espazo importante nesta nova páxina, xa que se ofrecerá información constante do Concello e das actividades de interese para os veciños e veciñas do municipio.

Guitián defende que “coa nova páxina pretendemos renovar e reforzar a comunicación entre o Concello e os nosos veciños, facéndoos máis participes do que aquí acontece. Informando e achegando a administración á rúa”.

O Concello de Gondomar leva xa varios meses traballando neste proxecto que, se espera, vexa a luz en breve. “Aínda quedan detalles que ultimar. Dende o Concello estamos a facer un importante traballo de recompilación de información. Esperamos que no prazo de mes e medio a nova páxina do Concello estea lista”, afirma o rexedor gondomareño.

5 de setembro de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.