Gondomar levará a pleno o proxecto de saneamento do núcleo de A Pedra, en Morgadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O pleno do próximo xoves, 12 de setembro, do Concello de Gondomar tratará, entre outros asuntos, a proposta de alcaldía relativa á aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da actividade de furanchos do Concello. Fernando Guitián, alcalde do municipio afirma que “é necesario establecer unha regulación deste sector, adaptada ao novo marco legal da Xunta de Galicia. É por isto que esperamos acadar a aprobación incial desta ordenaza que dotaría dun marco legal aos furanchos do municipio”.

Así mesmo, o goberno local tamén levará á sesión plenaria deste xoves o proxecto denominado ‘Infraestruturas básicas de sanemaento no núcleo rural de A Pedra, en Morgadáns,’. Tras conseguirse todos os permisos necesarios para a realización das actuacións, o goberno local espera conseguir a aprobación deste proxecto que supoñería “unha moi boa noticia para os veciños e veciñas de A Pedra”, recoñece o rexedor gondomareño.

10 de setembro de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.