Galicia Senderismo organiza unha ruta á Fervenza do Belelle
A asociación Galicia Senderismo invita á cidadanía a participar nunha ruta á Fervenza do Belelle, na que colabora o Concello. A marcha, de 14 quilómetros e dificultade media, terá lugar este domingo e, para anotarse tan só é preciso confirmar asistencia na páxina de facebook: https://www.facebook.com/events/445854848860692. Partirá ás 10,30 horas da igrexa de Santa María, punto tamén de remate.
Trátase da segunda ruta con destino á Fervenza nos últimos quince días, xa que a pasada fin de semana a Concellería de Promoción Turística prestaba asesoramento e información a un grupo dunhas 50 persoas pertencentes a unha asociación de Cambados. De feito, segundo explica a responsable de área, Montse Rico, iniciará nos próximos meses unha intensa actividade para publicitar a real vila como destino ideal para a práctica do sendeirismo e activida-des ao aire libre dado o entorno natural e paraxes de Neda.











