Frigoríficos del Morrazo acada a clasificación para disputar a final da Copa Galicia
Atlético Novás, 23: Roberto Calvo ; Roberto Rodríguez “Harris” (2), Jacobo Coello, Pablo Sánchez (1), Iago Flores (1), David Lechuga, Jorge Pousa (1), Paulo Dacosta (3), Sergy Tsybanev (4), José Malvar, Kevin García, Ramón Martínez, Alexander Tsybanev (7), Bruno Da Costa (2) e Adrián Freiria (2).
Frigoríficos del Morrazo, 24: Santiago Gallego, Serafín Pousada (2), Iván Amarelle (1), Rubén Soliño (1), Suso Soliño (4), Felix Peter Schmidl , Fernando Eijo (1), Mile Mijušković , Eloy Krook Castaño, Daniel Cerqueira (2), Adrián Rosales (5), Adrián Pumar (3), Ángel Iglesias , Alen Muratović (2) e David García (3)
Árbitros: Pablo Álvarez e Daniel Poley (Colexio galego). Excluíron dous minutos a Pablo Sánchez, Jorge Pousa e Alexander Tsybanev, polo Novás, e a Adrián Rosales e Fernando Eijo (en dúas ocasións) polo Frigoríficos do Morrazo.
Marcador cada cinco minutos: 2-2, 3-4, 3-5, 3-7, 7-9, 11-11 (descanso), 12-14, 17-16, 18-17, 19-19; 21-22; 23-24.
Incidencias: Primeira semifinal da Copa Galicia de Balonmán Masculino que desenvolveu no Pavillón da Cañiza. Moi boa entrada e gran ambiente nas gradas. Acudiu ao partido o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro.
Crónica: O Frigoríficos do Morrazo loitará mañá por revalidar o título de campión da Copa Galicia, despois de lograr a clasificación para a final nun apertado e emocionante choque fronte ao Atlético Novás que se decidiu nos instantes finais (23-24).
A pesar de que os nomes dos contendentes e a diferenza de categoría (o Frigoríficos do Morrazo xogará este ano en Asobal, mentres que o Novás é de Primeira Nacional) o partido tivo unha enorme emoción. O conxunto dirixido por Pillo logrou escaparse en algún momento na primeira metade (3-7), pero o certo foi que o Novás non se rendeu e logrou remontar pouco a pouco ata chegar ao descanso con empate (11-11). E na segunda parte, mantívose o mesmo escenario, con mínimas vantaxes para o equipo do Morrazo. Así, o Frigoríficos chegou ao último minuto do partido por diante, pero o Novás tivo un ataque de 17 segundos para lograr o empate e forzar a prórroga, pero fallou este último lanzamento.











