Fran Piñeiro convértese no segundo mellor español na súa primeira participación nun Mundial da clase 2.4 mR.
Un total de 45 veleiros da Clase 2.4 mR acudiron á cita irlandesa para disputar do 22 ao 30 de agosto o mundial da clase IFDS (International Association for Disabled Sailing), onde participaron regatistas de toda Europa, Rusia, América, Asía, Australia e Xapón. Els holandes Bijlard Guus, o alemán Heiko Kroger e o francés Damien Seguin coparon o podio. RAFA ANDARIAS, MELLOR ESPAÑOL NO MUNDIAL IFDS DE IRLANDA NA CLASE 2.4 mR
O regatista de Jávea pecha a súa participación na décimo sétima praza, seguido de ‘Fran’ Piñeiro no vinte e dous; Antonio Maestre vinte e cinco; Javier Contreras vinte e nove; Paco Llobet no trinta e un; Arturo Montes trinta e dous; Jordi Cargol trinta e seis e Borja Melgarejo no trinta e oito.
O podio do Mundial IFDS quedou composto polo holandés Biljard Guus, o alemán Heiko Kroger e o francés Damien Seguin. Unha cita mundialista que estivo marcada polo escaso vento, podendo completarse sete probas das dez previstas
Interésame ver a nova sabia que agora esta crecendo agora en España -Alfred Buqueras, Director Equipo Paralímpico RFEV- Es un mundial que non é clasificatorio para o equipo paralímpico, nin para a Olimpíada de Río de Janeiro 2016…… para probar o nivel da frota española, para ver onde esta… hai un segundo grupo do equipo que me interesaba levar, que son xente nova… que teñen moito interese en navegar, e ademais vin a progresión efectiva que tiveron…»
O vigues Fran Piñeiro, do Club Deportivo Vela Escota, formo parte do equipo español seleccionado por Alfred Buqueras na Clase 2.4 mR, desprazándose primeiro á base de adestramento en Valencia, e posteriormente a Kinsale, en Irlanda, sede do campionato do mundo.
Antes de irse a Kinsale, Fran Pirñerio comento: “Levo uns seis anos navegando en 2.4 mR, o meu obxectivo é lograr o mellor resultado en Kinsale, e entrar no equipo Paralímpico Español para ir a Río 2016. Neste mundial espero aprender moito, e por suposto divertirme. Os meus puntos fortes son as cinguidas, e a mellorar as saídas.”
Sete probas para 2.4 mR en Kinsale. Foron o total de sietes probas que se disputaron durante o Mundial de Kinsale IFDS para a Clase 2.4 mR porque non todos os días ventou suficiente para competir, e cando se puido navegar as condicións chegaron chegaron ata os 18 nós de intensidade.
Un total de oito patróns españois participaron na Clase 2.4 mR, cun claro dominio de Rafa Andarias que foi o mellor español, e logro o posto 17 da xeral absoluta. O segundo mellor clasificado da expedición española foi o regatista galego Fran Piñeiro, que sendo esta a súa primeira participación internacional, realizou un excelente mundial fronte aos demais do Equipo Paralímpico Español, e finalizando no posto 22 da xeral do mundial 2.4 mR.
En canto aos españois, ademais desa décimo sétima praza de Andarias, o galego ‘Fran’ Piñeiro despediuse de Irlanda cinco posto por detrás do alacantino. O galego foi de menos a máis, destacando un décimo terceiro posto na xornada do xoves, última proba do día. O cartagenero Antonio Maestre, pola súa banda, finaliza no posto vinte e cinco cun duodécimo posto como mellor parcial. O malagueño Javier Contreras finaliza no posto vinte e nove; Paco Llobet no trinta e un; Arturo Montes no trinta e dous; Jordi Cargol no trinta e seis e Borja Melgarejo no trinta e oito.
«Orgulloso de que un regatista do club, onde se inicio en 2.4 mR, siga evolucionando como o esta facendo -Ton Figueroa, Presidente do Club Deportivo Escota-. O noso desexo é que un galego forme parte do equipo Paralímpico Español para Río 2016. Non esquezamos que somos un club moi modesto, con moi poucos medios.»











