Finaliza o prazo de inscrición no curso de Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios
O Concello de Gondomar oferta un curso sobre APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS, enmarcado dentro do programa ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra.
A actividade está dirixida, preferentemente, ós/ás mozos/as de 16 a 35 anos, do concello de Gondomar e desempregados.
Os interesados en participar neste curso de 40 horas, levado a cabo pola Deputación, deberán pasar pola OMIX do municipio e solicitar a documentación para a súa inscrición ata o 27 de setembro.











