Finaliza a venda por Internet de bonos para o festival do humor de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A venta anticipada dos bonos desconto para asistir aos catro espectáculos que se desenvolverán en outubro no marco do Festival do Humor remata mañá, xoves 26 de setembro, a través de servinova. A partir do venres e tamén a través de servinova, xa se poderán adquirir as entradas soltas para cada unha das funcións que custarán 7 euros. O prezo dos bonos é de 20 euros, o que supón un importante aforro, e que ademais permitirá ao posuidor do mesmo a participar nun sorteo.

O Festival do Humor é unha proposta que chega ao Auditorio de Vilagarcía a través da promotora Rababiero Producciones. O festival componse dun atractivo cartel integrado polos humoristas Carlos Blanco, Luis Zahera, Sara Escudero e Beatriz Rico que irán pasando polo escenario do Auditorio cada venres do mes de outubro. Trátase de catro estilos diferentes de entender e representar o humor e que veñen avalados polo éxito de público noutras cidades e capitais de provincia. A produtora garante hora e media de risas e diversión en cada un dos espectáculos

Prezos reducidos e sorteo dunha noite de hotel

rababiero producciones pretende ofrecer espectáculos de calidade a prezos moi asequibles, por iso, aparte de establecer unha entrada única de 7 euros, ofrece o bono para as catro funcións polo prezo reducido de 20 euros. O bono non é nin persoal nin intransferible, polo que pódese comprar entre varias persoas e repartir a asistencia aos espectáculos. Ademais destas facilidades, a promotora tamén sorteará entre as persoas que adquiran os bonos unha noite de aloxamento para dúas persoas no Hotel NH da Coruña, de catro estrelas.

Aínda que a venta anticipada de bonos a través de internet remata mañá, os interesados en beneficiarse do importante desconto que representa, poderán adquirilos ata o 4 de outubro no pub Hibernia e no Café Café.

25 de setembro de 2013 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.