Festa do churrasco en San Pedro, no concello de Nigrán
O próximo domingo 15 de setembro o Torreiro de Festas de San Pedro acollerá un churrasco popular, a partir das 13.00 horas. As persoas interesadas en acudir deberán reservar praza antes do venres 13, no teléfono 646 282 274. O prezo por persoa é de 12,50 euros.











