Ferrol organiza unha excursión a Lugo con motivo da festividade de San Froilán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol organiza unha viaxe a Lugo para celebrar a festividade de San Froilán o vindeiro venres día 11 de outubro. Esta actividade está impulsada pola Área de Benestar Social, que dirixe a edil Rosa Martínez Beceiro, e se enmarca dentro das actividades de dinamización social do colectivo das persoas maiores.

En total, o Concello ferrolán porá en servizo tres autobuses para que de maneira gratuíta se despracen as persoas que previamente se anoten para participar nesta excursión. A inscrición para viaxar a Lugo será os días 1 e 2 de outubro, e o lugar para anotarse será a Casa Solidaria (situada na rúa Velázquez esquina coa avenida de Vigo), dende as 09.00 horas ata que se cubran as prazas por rigorosa orde de inscrición. As inscricións son individuais, agás que sexan matrimonio ou parella de feito. A Concellería de Benestar Social financia o desprazamento en autobús. O xantar é libre e por conta de cada persoa.

Os requisitos para poder apuntarse a esta saída a Lugo son: estar empadroado/a e ter residencia efectiva en Ferrol (se é unha parella terán que estar os dous empadroados/as en Ferrol); maior de 60 anos; pensionista de xubilación do sistema de seguridade social; pensionista de viudedade cunha idade igual ou superior a 60 anos; e pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilados/as e ter en todos os casos 60 anos cumpridos.

27 de setembro de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.