Ferrol impartirá obradoiros de memoria en cinco entidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, pon en marcha unha nova actividade dentro do seu programa de envellecemento activo. Trátase dos obradoiros de memoria “Reverdecendo a memoria II”, que a partir do luns día 23 de setembro, irán comezando nos locais sociais de cinco entidades veciñais das zonas urbana e rural do municipio ferrolán: Asociación Veciñal “O Cruceiro de Valón”, Asociación de Veciños “O Pilar de Recimil”, Asociación de Veciños do Ensanche A, Asociación Veciñal “Ferrol Vello” e a Asociación de Veciños “San Xoán de Filgueira O Bertón”.

A titular de Benestar Social explicou que estes obradoiros teñen como finalidade “introducir a estimulación cognitiva dentro dos hábitos de saúde como unha das claves prioritarias do envellecemento activo”. Así mesmo, Martínez Beceiro subliñou que con esta programación, que se desenvolverá no que resta de ano nestes barrios e parroquias do termo municipal, “damos un servizo integrador e innovador a todas aquelas persoas interesadas en gozar dun envellecemento físico, social e mental saudable”. Ademais, a responsable das políticas sociais do Concello de Ferrol sinalou que tras a boa acollida do ano pasado noutras asociacións veciñais, cunha participación de 100 persoas, pretendese seguir desenvolvendo esta actividade noutros barrios da cidade.

Entre os beneficios para as persoas maiores que participan nestes obradoiros de estimulación cognitiva, recuperación de recordos e ximnasia mental está o de previr posibles deterioros ou enfermidades relacionados coa perda da memoria; favorecer a socialización e participación dos maiores e estimar as súas habilidades sociais; e recuperar a través de distintas dinámicas as súas propias vivezas, experiencias e lembranzas da vida. Ademais, os talleres de “Reverdecendo a memoria II” serven para mellorar a autoestima e o estado de ánimo cambiando a imaxe negativa que os maiores teñen de si mesmos como persoas pasivas por outra máis positiva con ansias de seguir aprendendo e adaptándose ás novas opcións de vida que se lles vai presentando.

Horarios das sesións

No que atinxe aos horarios das sesións estes son os seguintes:

– AVV O Pilar de Recimil: Os luns de 16:30 a 18:00 horas –Inicio: luns, día 23 de setembro.

– A.VV do Ensanche A: Os martes de 11:00 a 12.30 horas –Inicio: martes, 24 de setembro.

–  AVV Ferrol Vello: Os mércores de 16:30 a 18:00 horas –Inicio: mércores, 25 de setembro.

– AVVSCDR O Cruceiro de Valón: Os mércores de 18:45 a 20:15 horas –Inicio: mércores, 25 de setembro.

– AVV San Xoán de Filgueira O Bertón: Os xoves de 17:00 a 18:30 horas –Inicio: xoves, 26 de setembro.

En total, en cada unha das entidades veciñais se celebrarán once sesións e as datas das mesmas son as seguintes:

– 1º sesión: do 23 ao 27 de setembro.

– 2º sesión: do 30 de setembro ao 4 de outubro.

– 3º sesión: do 7 ao 11 de outubro.

– 4º sesión: do 14 ao 18  de outubro.

– 5º sesión: do 21 ao 25 de outubro.

– 6º sesión: do 28 de outubro ao 1 de novembro (1 de novembro é festivo).

– 7º sesión: do 4 ao 8 de novembro.

– 8º sesión: do 11 ao 15 de novembro.

– 9º sesión: do 18 ao 22 de novembro.

– 10º sesión: do 25 ao 29 de novembro.

– 11º sesión: do 2 ao 6 de decembro (6 de decembro é festivo)

4 de setembro de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.