Feafes Galicia peregrina a Santiago para loitar contra o estigma da enfermidade mental

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os 60 participantes na peregrinación da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia). Esta é o cuarto ano consecutivo que FEAFES Galicia realiza o Camiño de Santiago. A comitiva estaba integrada por persoas con enfermidade mental, monitores, voluntarios e un pequeno grupo de familiares. O percorrido comezou o mércores 25 de setembro, en Salceda (O Pino). En tres xornadas, os peregrinos percorreron 28 quilómetros.

Con esta iniciativa, FEAFES Galicia quere mostrar á sociedade unha imaxe positiva do colectivo. Trátase de loitar de modo activo contra o estigma social, amosando unha imaxe normalizada das persoas con enfermidade mental. Así mesmo, a práctica de deporte resulta moi beneficiosa para a saúde das persoas con enfermidade mental, ademais de axudar á súa rehabilitación e fomentar a súa autonomía.

Nesta cuarta edición participaron as asociacións Doa (Vigo e Cangas), Avelaíña (A Guarda e Gondomar), Andaina (Oroso) e Portanova (Ferrol e Narón), integradas na Federación, así como os integrantes dos clubs de ocio das diferentes cidades galegas: Santiago, A Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.

27 de setembro de 2013 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.