Estudantes dos colexios públicos de Neda participarán no programa “Ler conta moito”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O programa “Ler conta moito”, que impulsa a Xunta de Galicia, chega esta semana á localidade de Neda. Así, a Casa da Cultura acollerá as diferentes sesións programadas para este martes, xoves e venres. A actividade busca fomentar a lectura entre os máis novos e, por iso, centraráse no alumnado dos colexios públicos San Isidro e Maciñeira.

Así, estudantes de entre tres e catro años poderán seguir este martes, ás 12 horas, “Babacontos”, unha narración oral a cargo de Larraitz Urruzola Tolosa. O xoves será o turno do alumnado de seis a oito anos, que participará na actividade “Contos para todos”, narración oral da compañía Expresión Produccións. E, o venres, o mago Chrystyan Magic ofrecerá o seu espectáculo “Na senda da serpe alada” a estudantes de entre 10 e 12 anos.

30 de setembro de 2013 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.