Entrega de diplomas aos participantes no curso de atención a persoas dependentes en institucións sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

A concelleira de Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, participou hoxe na entrega de diplomas ás 28 alumnas que completaron o Curso Ocupacional de Atención a Persoas Dependentes en Institucións Sociais desenvolvido polo Centro de Día da Muller O Mencer e financiado en parte pola Administración locall dentro do Plan de Oportunidades posto en marcha polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela. O acto desta mañá, celebrado nas instalación no centro O Mencer que xestionan as Irmáns Oblatas, correspóndese co levado a cabo durante o exercicio de 2012; e, ademais, serviu de inicio á nova acción formativa no mesmo eido da atención a dependentes do presente ano 2013, ao que se incorporan 15 novas alumnas.

Casal Míguez destacou o traballo diario que se leva a cabo no Centro de Día O Mencer, ao tempo que felicitou ás alumnas porque “son o exemplo de que todos os retos que nos propoñemos se poden conseguir con esforzo, tesón e vontade”. Neste sentido, a edil ferrolá desexoulles “moito éxito na nova vida que agora afrontades cunha mellor formación e, en moitos casos, cun emprego”. De feito, este curso de Atención a Persoas Dependentes en Institucións Sociais xerou un 60% de contratos na área de servizos á comunidade; e o 40% restantes das alumnas mantéñense facendo traballos de xeriatría a domicilio.

Os cursos neste ámbito que se celebran no centro O Mencer teñen unha duración de 450 horas, e ademais da formación teórica as alumnas realizan prácticas profesionais non laborais nas Residencias Abrente, Mensajeros de La Paz e San Xosé de Piñeiros.  A achega económica do Concello de Ferrol a esta actividade formativa pasou dos 3.000 euros en 2011 aos 10.00 euros que lle dedica o actual Goberno Municipal tanto no pasado exercicio de 2012 como no actual de 2013.

18 de setembro de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.