Entra na fase final a campaña municipal de desbroce de estradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Concello da Laracha está a rematar o desenvolvemento da campaña anual de desbroce das estradas que realiza cada ano, con especial intensidade durante os meses de verán, para adecuar e manter en correcto estado de conservación e ornato os arcéns e cunetas, facilitando, ademais, a visibilidade dos condutores e dos peóns e, por tanto, reforzando a seguridade viaria.

O plan comezou a executarse nos primeiros días do mes de xuño e a día de hoxe xa están completadas ditas labores na práctica totalidade das vías públicas asfaltas, polo que foron beneficiarios destes traballos os máis de trescentos núcleos de poboación cos que conta o municipio.

As condicións climatolóxicas deste ano foron favorables para o rápido crecemento da vexetación herbácea e da maleza e, por tanto, en determinadas vías foi necesario realizar o desbroce en dúas ocasións ao longo deste verán. Por ese motivo superáronse a cantidade de quilómetros nos que se actuou con respecto ao exercicio anterior, sendo acondicionados, ata o día de hoxe, máis de cincocentos quilómetros lineais.

Complementariamente a estas labores, e por medio dun convenio de colaboración entre o Concello da Laracha e a Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, continuaranse acometendo desbroces e mantementos en pistas forestais, especialmente nas parroquias de Soandres e de Montemaior.

Tamén o Concello da Laracha realizará estas labores, de xeito puntual e subsidiariamente, en parcelas privadas que non cumpran a lexislación vixente en canto ao seu estado de mantemento, conservación e ornato público.

6 de setembro de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.