Dúas estudantes de Turismo formaranse en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda facilitará a formación de estudantes dos últimos cursos do ciclo de formación profesional de Turismo. Será en virtude dun convenio de colaboración suscrito entre a Concellería de Promoción Turística que dirixe Montse Rico e a academia London Institute. Deste xeito, dúas alumnas completarán os seus estudos mediante a realización de prácticas non laborais na Administración local. Incorporaránse o próximo 30 de outubro á Casa da Cultura, instalacións onde se ubica a Oficina de Turismo, ata o vindeiro 26 de novembro. En total, 120 horas en horario de mañá e tarde de luns a venres.

En concreto, e baixo a supervisión dos técnicos municipais, ambas estudantes contribuirán a recopilar información de interese turístico, así como a actualizar as bases de datos existentes.

5 de setembro de 2013 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.