Dodro festexa unha Romaría na Fonte Primeiral
O vindeiro sabado 21 de setembro o Concello de Dodro celebra unha Romaría na Fonte Primeiral.
A Romaría estará aberta a todo o público de 15,30h a 21h con servizo gratuito de autocares que percorreran todas as aldeas do concello.
Haberá diferentes actividades lúdicas tanto para nenos coma para adultos co obxetivo de que todos pasen unha tarde divertida con diferentes actividades e se fomenten as relacións entre a veciñanza.
Para os máis pequenos haberá durante toda a tarde inchables para distintas idades, rocódromo, karaoke, música, etc.
Os maiores poderán disfrutar dun concerto da Banda municipal de Ordes ás 19h á sombra da carballeira e durante toda a xornada haberá un mercadillo de produtos moi variados, artesanais, ecolóxicos, coiro, textil, alimentación, etc, instalado por todo o recinto da Fonte Primeiral.
Para os asistentes que gusten de merendar disporán de postos de polbo, churros, xelados, rosquillas, etc.
Así mesmo disporán dunha caseta informativa do Concello de Dodro coa información de todas as actividades programadas para o outono.