Diego Calvo avoga por unha xustiza “máis áxil” e que cumpra coas “necesarias garantías procesuais”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaProvincias
A-
A+
Calvo na XII Escola de Verán do Ministerio Fiscal

Calvo na XII Escola de Verán do Ministerio Fiscal

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asistiu esta mañá á inauguración do segundo curso da XII edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal en Galicia. O curso terá lugar dende hoxe ata o próximo venres no Pazo de Mariñán baixo o título “Cara a un novo código procesual penal: claves da proposta”.

Durante a presentación, o presidente estivo acompañado polo Fiscal Xeral do Estado, Eduardo Torres Dulce; o Director Xeral de Xustiza, Juan José Martín; a directora da Escola de Verán, María Esther Fernández; o director do curso, Jaime Moreno Verdejo; e o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, entre outros xuristas e asistentes.

Na súa intervención, Calvo destacou o valor dos debates que se veñen desenvolvendo no pazo de titularidade provincial con motivo da celebración das distintas edicións da Escola de Verán e recordou que o tema tratado neste caso “non” resulta nada alleo ás preocupacións dos cidadáns, “, xa que, apuntou, “na maioría dos casos poderiamos dicir que nacen precisamente da inquietude social”.

O presidente, que avogou por “unha posta en común das experiencias de cada un dos relatores de cara a sacar conclusións que nos beneficien a todos”, aludiu á importancia que adquire conseguir unha maior axilidade nos procesos xudiciais. “A cidadanía demanda unha resposta máis áxil. Porque unha xustiza lenta non é xusta, como tampouco o é unha xustiza rápida se non garda as necesarias garantías procesuais”, explicou Calvo.

25 de setembro de 2013 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.