Detido un veciño do Carballiño por tentar roubar rodas dos vehículos estacionados nunha céntrica rúa da vila
A policía local do Carballiño detivo o pasado 19 de setembro a J.L.V.F, de 68 anos de idade e veciño da localidade lucense de Carballedo. Os feitos que deron coa detención comezaron cando os axentes recibiron unha chamada, sobre as 22,40 horas, dun veciño informando de que estaba a ver un individuo en actitude sospeitosa entre os coches estacionados na rúa Faustino Santalices.
Ao achegarse ao lugar o sospeito viu chegar á patrulla da Policía Local e trata de esconderse, sendo localizado polos axentes, que viron no lugar un gato hidráulico e unha chave fixa ao lado da roda dun vehículo. Así mesmo comprobaron que o sospeitoso tiña a roupa manchada, coma se tivese estado deitado no chan.
O propietario do vehículo, unha vez revisado no taller, comprobou que as rodas dianteiras tiñan os parafusos afrouxados. Horas despois foi detido o veciño de Lugo, acusado dun delito de tentativa de roubo.











