publicidade hoxe

Curtis sancionará pola colocación de carteiss na vía pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Curtis abrirá un expediente sancionador á Escola Europea de Masaxe por colocar publicidade no mobiliario urbano, fachadas de vivendas e escaparates dos pobos de Curtis e Teixeiro sen a pertinente autorización.

Comunicouse por por teléfono á empresa infractora que retirara a publicidade ou solicitase autorización e pagase a correspondente taxa, facendo caso omiso.

Unha ordenanza municipal regula a colocación de publicidade no termo municipal e exije autorización para a colocación de calquera tipo de publicidade. Ademais da sanción, a empresa deberá reparar os danos causados nos farois e mobiliario urbano

27 de setembro de 2013 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.